2010-03-14

Hoxe nascemos

Hoxe nasce ista proposta para a creación dunha entidade financieira galega, nada na Galiza e para servir a Galiza.


Pretendemos reunir a un colectivo amplo, plural, que acredite que Galiza é unha naçom e que precisa institucións financieiras de seu, e que diante do futuro que se albisca, no que as entidades financieiras de caracter semipúblico que coñecimos, Caixa Galicia e Caixa Nova, semellan condenadas a desaparecer mergulladas no sistema financieiro Hespañol e alleadas da nosa naçom, se comprometa a creación dunha nova entidade, ceibe das lacras e os erros do pasado.


A fórmula xurídica que propoñemos é a dunha "COOPERATIVA DE CRÉDITO", xa que consideramos que pode ser a fórmula que de resposta a nosa inquedanza mantendo a entidade no posible por unha parte ao marxe do mais puro capitalismo, que sería un banco privado, e por outra da excesiva inxerencia dun poder político, (o autonómico), exercido hoxe polos que non acreditan na nosa condición nacional.


O nome proposto para a entidade é toda unha declaración de principios do que se pretende:




CAIXA NACIONAL DA GALIZA

Cooperativa galega popular de crédito