2010-11-27

Paremos o golpe!!!...

Estamos asistindo á perpetración dun "pronunciamento" propio do século XXI, un verdadeiro golpe de estado.

Atrás quedaron os pronunciamentos militares do XIX e os golpes do XX...

Hoxe o pronunciamento non o fan os "espadóns" militares, dáo a plutocracia...

O "manifesto" presentado pola Fundación Everis, que preside o ex-ministro Eduardo Serra, directamente ao Rei, esixe cambios políticos, non pola vía democrática da confrontación de alternativas dos distintos partidos que se resolven no debate parlamentario, e, se non hai máis remedio, coa chamada ás urnas... preténdeos impor pola vontade interposta do Rei actuando como mascarón de proa, e o resultado témolo na reunión de hoxe, na que o poder democrático, o Presidente do Goberno, réndese ante o directorio do cartoso, os "donos" do país...

O documento critica aos políticos democráticos, (bos ou malos, son os que eliximos), tachándoos de demasiado novos e pouco preparados, entre outras cousas, avógase por un cambio no modelo de Estado, acabando co sistema autonómico e propón cambios no sistema electoral para eliminar ás minorías nacionalistas.

O democrático e constitucional sería que propuxesen as súas alternativas á sociedade por medio dun partido que as fixese súas, e que os cidadáns valorásemolas nas eleccións fronte a outras igual ou mais lexítimas, (a nacionalización do sistema financeiro, a abolición da propiedade, a disolución do estado, a independencia das comunidades, o seguir como estamos, etc...), pero elixido polos cidadáns e non imposto polos plutócratas a través do Rei...

Como se asemella ista situación a ista outra, (manifesto incluido)...

Curioso que no 1923 o golpe o deran os xenerais para tapar as vergoñas da súa pésima xestión militar no Desastre de Annual...

E agora o queiran dar os financieiros para tapar a súa responsabilidade na actual crise económica...

Polo menos o xeneral Silvestre tivo a dignidade de suicidarse, e ainda estamos a espera eiquí de ver saltar o primeiro banqueiro dende o seu rañaceos...

Monarchia delenda est...