2011-02-22

Cuantificación do risco inmobiliario de caixas e bancos

Non nos resistimos a publicar a seguinte táboa elaborada pola web idealista.com, onde se sistematiza o risco inmobiliario recoñecido polas caixas e bancos españois.
(Pulsar sobre a imaxe para ampliar)...

Eiquí está a explicación do naufraxio do sis
tema financieiro, especialmente das tradicionais caixas de aforros, do fin das "nosas" caixas, da nosa novacaixagalicia...

Non chegaría xa a hora de esixir responsabilidades aos seus xestores?...

2011-02-21

A culpa de quen é?... (da crise, non pensedes mal!)

Moi curiosa ista carta dirixida pola Asociación de Inspectores do Banco de España en maio de 2006 ao entón Vicepresidente Segundo do Goberno e Ministro de Economía e Facenda, (Pedro Solbes), na que se denuncian as prácticas "perigosas" de bancos e caixas, os riscos nos que incurren e a permisividade ao repecto do entón gobernador do BdE, Jaime Caruana.

(Pulsar sobre cada folla para ampliar a imaxe e facilitar a lectura)...

Polo que se ve, (si a carta é auténtica, cousa que non podemos asegurar dado que a obtivemos da rede), si houbo quen viu vir a crise, e parece que os responsables políticos non fixeronlles moito caso..., ou si..., e por iso "MAFO" substituiu a Caruana...