2010-04-21

Cerco a galeguidade das caixas actuais

Nos últimos días vaise explicitando unha campaña que semella coordinada entre os intervintes para negar a posibilidade de que se manteña un sistema financieiro galego mediante a fusión de Gaixa Galicia e Caixanova.
1º Ataque:
Declaracións do Ministro de Fomento e Secretario de Organización do PSOE estatal Pepiño Blanco, (agora chamado Don José), moi reveladoras, a favor do capital transnacional e contra unha economía propia da Galiza...
O ministro aseverou que 'o diñeiro non ten fronteiras' nunha economía global como a actual e reprobou o 'patriotismo de folla de lata' que detecta nalgunhas formulacións que se están dando en Galiza ao redor da reestruturación do sistema financeiro e o futuro de Caixa Galicia e Caixanova.

2º Ataque:
Editorial de "EL PAÍS" atacando explicitamente a galeguidade dás caixas:
O mercado español debe considerarse como unha unidade (e non como dezasete), carece de sentido o localismo de campanario que gangrena o método de estructuración mediante fusións e que ten as súas dous expoñentes máis ruidosos en Galicia e Valencia.... ...Na fusión das caixas galegas defendida por Núñez Feijóo hai moi pouca racionalidade financeira; bastante menos que nunha fusión con caixas doutras comunidades autónomas.
3º Ataque:
Xa temos pechado o asedio, a fábula do Señor dos Aneis…
O Faro informa que o gobernador do Banco de España, MAFO, o Gollum do Imperio Pequeno, (¡Perdido! ¡Meu tesouro…, perdido!), pregoulle ao PP axuda para recuperar o anel, (a competencia única sobre as caixas), solicitude xa aceptada por Montoro, e Rajoy que opina desto?...
Por certo,… localismo… que arrepio teñen os poderes oscuros a verba NACIÓN cando non se refiren ao seu Imperio Pequeno!…

Seremos quen, os galegos bos e xenerosos, de comportarnos como pacíficos e teimudos hobbits na defensa da liberdade da Terra Media?…

2010-04-17

Sobre a perda da galeguidade de R

Para nos o problema é a perda do control, (dende “xa”), pola sociedade galega, dunha empresa estratéxica e moi importante, por exemplo, para a vehiculización lingüística a prol do galego.

Ademais, o análise da operación ispe moitas carencias do país, algúns comportamentos errados e, como dicía Beiras, "colonizados", e tamén un algo de autoodio...

Vaiamos por partes, resulta que a día de hoxe, Caixanova practicamente NON vendeu case nada da súa participación en "R"... Fixo algo moito peor, e pensamos que posiblemente delictivo, aínda que iso é difícil de explicar porque as presuntas víctimas gañaron bastantes cartos. Caixanova extorsionou aos accionistas minoritarios obrigándoos a vender, (iso si, cunha certa ganancia).

Iso é do que ninguén fala, do que se fixo as agochadas, en Madrid, (outra vez o "colonialismo"), e do que fomos coñecendo entre liñas, (non polas terminais mediáticas nin do norte nin do sur, se non por declaracións inconexas dalgúns dos axentes intervintes). A clave, polo menos para nos, estivo na venda do pequeno porcentaxe que tiña EMALCSA, vaites, mira por onde alí había como conselleiros da empresa dous concelleiros do BNG, e eles ben que falaron e explicaron o que pasou, o que obrigou a súa vez ao PSOE a ter que explicar o que fixo. Por outra parte, o Banco Pastor, supoñemos que polas campañas publicitarias de "galeguidade" que está a facer posicionándose para captar aquel mercado que poida quedar "libre" tralo negro futuro das caixas, tamén veuse na obriga de dar algunha explicación pública...

De todo o anterior sabemos que Caixanova buscou un "tabeirao" financieiro para venderlle "R"..., e que foi Caixanova quen directamente chantaxeou aos minoritarios para que venderan a un bo prezo sob ameaza de vender ela a maioría e quedar os minoritarios nunha posición de debilidade, (sen previsibles retornos nalgúns anos e obrigados a facer fortes inversións para manter a posición diante das ampliacións que fará o tabeirao, e, insistimos, sen retorno de dividendos e sen cotizar en bolsa co que tampouco tiñan posibilidade futura a corto ou medio prazo de converter en liquidez a súa inversión)... É isto unha chantaxe?... para nos si, cecais a falla de de delicto está en que a operación supuxo un beneficio contable para as supostas víctimas...

Cal é a razón de Caixanova para actuar así?... está claro, a corto revalorizar a súa inversión e os seus activos nas negociacións, a medio, ter xa colocado o seu paquete sen moitas complicacións...

Cal é o futuro de "R"?, pois medrar fora, (xa o dixeron), baixo a dirección estratéxica do tabeirao e a técnica de posiblemente o Sr. Dopico, xa que parece que non o fixo mal, pero iso supón que ao longo "R" rematará fusionada con ONO, (aposta segura), coa súa sé en Madrid, pode que con introducción no mercado portugués, (si os portugueses se deixan), e eiquí paz e despois gloria..., (rematará a súa vez ONO integrada nunha gran multinacional, según o Sr. Prícipe, “Orange”, aínda que nos non temos dados para confirmalo, o de ONO, si).

Había outra solución?, nos pensamos que si...

Xa que agora escomenzan os retornos de R, (o ano pasado 23 millóns de beneficio despois de impostos), por que non se intentou unha OPV?... Por que hai que fuxir da transparencia?...

R é, (e aínda mais será), unha utility moi apetecible para o pequeno inversor, o aforrador conservador, cliente típico das caixas de aforros, pensamos que se debeu facer unha OPV na Galiza, entre os propios clientes de Caixanova...

Nos é o que queremos, unha entidade que faga iso e non que oferte fondos de inversión nas Illas Caimán dos que non se pode saber o becho que teñen dentro...