Non é posible cos cartos que se lle ían dar a Ryanair, (e a Vueling, e ao Papa e a tutti quanti diga que vai "promocionar" Galiza), crear a "nosa" propia compañía aerea de baixo custo?...
Os avións, ao comezo, poden ser alugados para non facer unha inversión desproporcionada, a fin de contas hai moito charter parado e disposto a ser alugado...
As rutas, orientadas a turismo de corta estancia, turismo cultural, relixioso, gastronómico, naútico ou de sol e praia, (non é a das Cies a mellor praia do mundo mundial para o xornal británico "The Guardian"?)...
A sede e a base operativa da hipotética compañía aerea galega, na Lavacolla, (por exemplo), pero non descartamos Peinador, Alvedro ou mesmo As Rozas, pero cos beneficios e gastos de funcionamento ficando na Galiza, (a administración, o handling, o catering, o mantemento dos avións, mesmo as nóminas do persoal e as dietas das xuntanzas do consello de administración)...
E de paso, (e case do que mais gosto), se pode tentar competir un pouco coas compañías de Michael O'Leary, (Ryanair), de Piqué, (Vueling), do catalanofobo de Air Berlín, etc...
A fin de contas, que ten Irlanda que non teña Galiza para crear eles Ryanair e nos estar a velas vir?... (aparte da independencia, que cecais sexa isa a cuestión)...
Pois proxectos así serían os que poderían financiarse dende unha institución financieira como a que promovemos...
Sería un sono poder facer realidade iste deseño de Panchez para Aduaneiros:
Sem comentários:
Enviar um comentário