2013-07-03

Nin venda a fondo "abutre"..., nin venda a banca española..., NGB para os galegos!...


Fronte a venda urxente de NGB que pretende o FROB coa aquiescencia dos xa derrotados, (da Xunta, da maior parte das forzas políticas galegas e de caseque todos os "líderes de opinión" do país)..., ainda hai outras posibilidades, posibilidades de victoria, por exemplo, asumir os galegos coma débeda pública os 9000 millóns que sei que investiu do FROB e deixala coma banca pública galega baixo control parlamentar...

9000 millóns, que son os cartos que dis que meteu o FROB, implicarían ter que pagar uns 100 millóns ao ano de intereses ao BCE, (o Euribor está ao 0,54%, concedamoslle un tipo marxinal ao doble por ter o creto a tempo indefinido)..., pois ben, asumindo NOS SOS o banco, malo será non poder pagar ises intereses e ir amortizando a débeda cos beneficios se a Xunta usa o banco coma único banco comercial, (pecha as contas no resto da banca foránea e canaliza todos os pagos e cobros por el, so coas comisións e ca marxe dos custos operativos xa xeraría fondos para amortizar a operación)...

Non vedes?, isa é a proposta por exemplo do BNG, (coa que por certo, e por outras razóns, nos non coincidimos plenamente), e sería o que propondría, e esixiría, un goberno galego comprometido de verdade co país...

O resto, son ladaiñas de derrotados...

Sem comentários: