2010-03-14

Hoxe nascemos

Hoxe nasce ista proposta para a creación dunha entidade financieira galega, nada na Galiza e para servir a Galiza.


Pretendemos reunir a un colectivo amplo, plural, que acredite que Galiza é unha naçom e que precisa institucións financieiras de seu, e que diante do futuro que se albisca, no que as entidades financieiras de caracter semipúblico que coñecimos, Caixa Galicia e Caixa Nova, semellan condenadas a desaparecer mergulladas no sistema financieiro Hespañol e alleadas da nosa naçom, se comprometa a creación dunha nova entidade, ceibe das lacras e os erros do pasado.


A fórmula xurídica que propoñemos é a dunha "COOPERATIVA DE CRÉDITO", xa que consideramos que pode ser a fórmula que de resposta a nosa inquedanza mantendo a entidade no posible por unha parte ao marxe do mais puro capitalismo, que sería un banco privado, e por outra da excesiva inxerencia dun poder político, (o autonómico), exercido hoxe polos que non acreditan na nosa condición nacional.


O nome proposto para a entidade é toda unha declaración de principios do que se pretende:




CAIXA NACIONAL DA GALIZA

Cooperativa galega popular de crédito

2 comentários:

Xosé Mª Torres disse...

Home, extráñame que entre os banner que difundides non figuren os das 3 entidades que de modo alternativo ao mercado están realizando préstamos en Galicia:
-AIS O peto, constituido hai varios anos
http://www.opeto.org/
-Coop_57-Galicia, constituida en maio 2009
http://www.coop57.coop/galicia/
- FIARE-Galicia, constituida en xaneiro 2010, en proceso de creación da web e non operativa de momento

XMª Torres

Comisión Promotora da Caixa Nacional da Galiza disse...

Gacias polo seu comentario, o teremos en conta, pero considere que a nosa intención é actuar dentro do mercado financieiro establecido, anida que con criterios non coincidentes cos das entidades existentes, se non na procura de satisfacer outra demanda que consideramos que hoxe non está cuberta.
Na liña que vostede expón, incluiremos por exemplo o Triodos Bank, que sí actúa como banco convencional pero con criterios políticos distintos, (banca ética).