2010-04-17

Sobre a perda da galeguidade de R

Para nos o problema é a perda do control, (dende “xa”), pola sociedade galega, dunha empresa estratéxica e moi importante, por exemplo, para a vehiculización lingüística a prol do galego.

Ademais, o análise da operación ispe moitas carencias do país, algúns comportamentos errados e, como dicía Beiras, "colonizados", e tamén un algo de autoodio...

Vaiamos por partes, resulta que a día de hoxe, Caixanova practicamente NON vendeu case nada da súa participación en "R"... Fixo algo moito peor, e pensamos que posiblemente delictivo, aínda que iso é difícil de explicar porque as presuntas víctimas gañaron bastantes cartos. Caixanova extorsionou aos accionistas minoritarios obrigándoos a vender, (iso si, cunha certa ganancia).

Iso é do que ninguén fala, do que se fixo as agochadas, en Madrid, (outra vez o "colonialismo"), e do que fomos coñecendo entre liñas, (non polas terminais mediáticas nin do norte nin do sur, se non por declaracións inconexas dalgúns dos axentes intervintes). A clave, polo menos para nos, estivo na venda do pequeno porcentaxe que tiña EMALCSA, vaites, mira por onde alí había como conselleiros da empresa dous concelleiros do BNG, e eles ben que falaron e explicaron o que pasou, o que obrigou a súa vez ao PSOE a ter que explicar o que fixo. Por outra parte, o Banco Pastor, supoñemos que polas campañas publicitarias de "galeguidade" que está a facer posicionándose para captar aquel mercado que poida quedar "libre" tralo negro futuro das caixas, tamén veuse na obriga de dar algunha explicación pública...

De todo o anterior sabemos que Caixanova buscou un "tabeirao" financieiro para venderlle "R"..., e que foi Caixanova quen directamente chantaxeou aos minoritarios para que venderan a un bo prezo sob ameaza de vender ela a maioría e quedar os minoritarios nunha posición de debilidade, (sen previsibles retornos nalgúns anos e obrigados a facer fortes inversións para manter a posición diante das ampliacións que fará o tabeirao, e, insistimos, sen retorno de dividendos e sen cotizar en bolsa co que tampouco tiñan posibilidade futura a corto ou medio prazo de converter en liquidez a súa inversión)... É isto unha chantaxe?... para nos si, cecais a falla de de delicto está en que a operación supuxo un beneficio contable para as supostas víctimas...

Cal é a razón de Caixanova para actuar así?... está claro, a corto revalorizar a súa inversión e os seus activos nas negociacións, a medio, ter xa colocado o seu paquete sen moitas complicacións...

Cal é o futuro de "R"?, pois medrar fora, (xa o dixeron), baixo a dirección estratéxica do tabeirao e a técnica de posiblemente o Sr. Dopico, xa que parece que non o fixo mal, pero iso supón que ao longo "R" rematará fusionada con ONO, (aposta segura), coa súa sé en Madrid, pode que con introducción no mercado portugués, (si os portugueses se deixan), e eiquí paz e despois gloria..., (rematará a súa vez ONO integrada nunha gran multinacional, según o Sr. Prícipe, “Orange”, aínda que nos non temos dados para confirmalo, o de ONO, si).

Había outra solución?, nos pensamos que si...

Xa que agora escomenzan os retornos de R, (o ano pasado 23 millóns de beneficio despois de impostos), por que non se intentou unha OPV?... Por que hai que fuxir da transparencia?...

R é, (e aínda mais será), unha utility moi apetecible para o pequeno inversor, o aforrador conservador, cliente típico das caixas de aforros, pensamos que se debeu facer unha OPV na Galiza, entre os propios clientes de Caixanova...

Nos é o que queremos, unha entidade que faga iso e non que oferte fondos de inversión nas Illas Caimán dos que non se pode saber o becho que teñen dentro...

3 comentários:

AFP disse...

Boa análise. Parabéns.

Abel Maceiras disse...

boa análise, cercana á miña idea de capitais galegos.
Unha empresa á que os concellos permítenlle furar as nosas ruas, na que todos vemos ese pé por diante que nos deixe dar o seguinte paso e avazar é traizoada por unha empresa municipal en prol de facer caixa. Se outras partes deciden vender, son libres (mal feito polo que falamos) pero que o faga unha empresa municipal coruñesa, co heredeiro de Paquito ó frente do concello...
Desde os governos paralelos entre PSdeG e BNG na Xunta, cada día entendo menos a política galega.

Voz en off disse...

Paréceme que aquí o que pasa é que o BNG soña con volver un día ó goberno e faiselle o cu pepsicola pensando que vai poder xestionar tamén os investimentos da nova caixa única galega.