
A novas regras, que esixen da banca gardar máis capital para facer fronte a turbulencias como as da recente crise financeira, deberán ser discutidas e aprobadas durante o próximo cume de xefes de Estado e Goberno do G20 que se celebrará na capital de Corea do Sur o próximo mes de novembro.
O acordo sobre o paquete de normas, bautizado como Basel III, alcanzouse durante unha reunión celebrada nesa cidade suíza que estivo encabezada polo presid

Segundo o máximo responsable do BCE, o acordo é un "reforzo fundamental dos estándares globais de capital". "A contribución destas medidas á estabilidade financeira a longo prazo e o crecemento será substancial", declarou Trichet nun comunicado emitido tras a reunión.
O punto principal do acordo obriga aos bancos a manter un "Tier 1" ou "Nivel 1" (un cociente que mide a fortaleza das entidades financeiras baseándose no seu capital básico: accións ordinarias e beneficios non distribuídas) do 6 por cento, fronte ao 4 por cento actual.
No entanto, este incremento será gradual, tal e como solicitaran as entidades financeiras, e non se terminará de implementar ata 2018, do mesmo xeito que outras medidas adoptadas hoxe.
A este respecto, Trichet sinalou que "os acordos de transición permitirán aos bancos alcanzar estes novos estándares á vez que fomentan a recuperación económica".
Así, o cociente de solvencia básica (common equity) que deberán manter as entidades financeiras ascenderá ao 7 por cento.
Esta decisión reforza a nova definición de capital acordada polos gobernadores de bancos centrais e autoridades monetarias o pasado xullo.
Sem comentários:
Enviar um comentário