2010-06-17

A voltas co Banco Pastor

Estase a desenvolver nos medios galegos unha campaña publicitaria moi agresiva do Banco Pastor, protagonizada nun triste rol polo xornalista Fernando Onega, que en base ao impasse da fusión das caixas galegas e das rivalidades localistas xurdidas no proceso, tenta captar para o banco coruñés dun xeito marrulleiro os clientes tradicionais das caixas de aforros.

Curiosamente, e aplicando o dito de “cando as barbas do teu veciño vexas cortar”..., atopamos ista peciña asinada por E. Segovia e con orixe nos medios “estatais” sobre as operacións que se están a desenvolver para facerse con dito banco dende varios grupos españois e que ao final pode levar a desaparición dun dos emblemas da “city” dos cantóns coruñeses...

O Banco Pastor converteuse no obxecto de desexo dos dous principais bancos medianos independentes: Sabadell e Popular. Segundo fontes de toda solvencia, a entidade galega recibiu “insistentes achegamentos” por parte de ambos os bancos, aínda que ata agora negouse a sentar sequera con eles para negociar.
A entidade catalá pretendía realizar unha operación a tres bandas con Guipuscoano e Pastor, que lle permitiu superar en activos ao Popular e converterse no terceiro banco de España. Pero mentres a entidade vasca accedeu á fusión grazas ao apoio dos seus tres principais accionistas (BBK, Kutxa e Jomarsa) e ao compromiso do seu presidente, Javier Echenique, na Coruña non quixeron oír falar do asunto. Desta forma, o plan de Josep Oliu quedouse a medias.
Pero o Pastor non é só obxecto de desexo do Sabadell. Segundo estas fontes, Angel Ron, presidente do Popular, tamén intentou sentar a negociar unha integración que lle permitiría recuperar o terreo perdido coas fusións de caixas anunciadas nas últimas semanas. Pero a resposta do presidente do Pastor, José María Arias, foi a mesma que a dada aos cataláns: “Non me sinto nin a comer”.

Oficialmente, o Pastor sostén que ten “un proxecto propio, independente, que non contempla baixo ningún concepto unha fusión”. Moito máis importante que esta declaración de intencións é que a familia Arias controla o 41% do capital a través da Fundación Pedro Barríe da Maza, o cal fai inviable calquera fusión ou oferta de compra se non conta co seu apoio.
Un portavoz do Popular negou que haxa contactos co Pastor, e tamén sinalou que o Popular ten o seu propio modelo de crecemento orgánico.
O Pastor pode manterse independente?
Outras fontes do sector cuestionan esta actitude do Pastor na situación actual. “Poden dicir que queren seguir sos, pero poderán sobrevivir en solitario dentro duns anos na situación que se aveciña para o sector e os mercados?”. Estas fontes matizan que non se trata de que o Pastor teña problemas de solvencia ou liquidez, senón dunha mera cuestión de tamaño.
”As entidades pequenas son inviables, o mercado vaiche a esixir un tamaño mínimo en condicións normais, e moito máis en momentos como o actual en qu
e nin sequera se fía dos bancos máis grandes”, opina un experto no sector. A avalancha de fusións de caixas -reais ou virtuais- é a proba evidente da necesidade de gañar tamaño aínda que a lóxica económica ou as sinerxías non estean nada claras en moitas operacións.
”O Pastor faría mellor en asumir que non pode seguir só e negociar unha fusión desde unha posición vantaxosa; se espera moito, pode perder esa vantaxe que ten hoxe e verse abocado a unha operación que non desexa e nunhas condicións
moito máis desfavorables que as actuais”, opina outra fonte do sector.

A nosa opinión é que es entidades pequenas poden ser mais viábeis nun futuro que as moi grandes, e elo é así porque as entidades pequenas e medianas son mais conscentes dos seus riscos, coñecen os seus investimentos e, polo xeral, non teñen “paquetes dubidosos” e titulizacións insolventes nos seus activos, (e si as teñen, ben merecen crebar)..., cousa que as entidades moi grandes, precisamente polo seu tamano, non poden asegurar...

O pequeno é fermoso, controlábel e coñecido...

Sem comentários: