2010-06-10

Historia das caixas rurais galegas

Reproducimos un interesante artigo sobre a historia das caixas rurais galegas da autoría do economista José Antonio Pena Beiroa e publicada en Xornal

Das catro cooperativas provincias existentes no comezo da década dos 80, unicamente sobrevive a de Lugo, hoxe chamada Caixa Rural Galega. As outras foron absorbidas por Caixa Galicia, no caso das de A Coruña e Pontevedra despois da súa intervención polo Fondo de Garantía de Depósitos das Cooperativas de Crédito, e no da de Ourense por vontade propia.

A Caixa Rural de A Coruña foi fundada en 1946 coa denominación de “Caja Rural Provincial de La Coruña”. Sempre estivo á cola no ranking de caixas rurais galegas, atendendo a súa dimensión e polos seus problemas de solvencia, foi intervida polo FGD das Cooperativas de Crédito en 1984, necesitando axudas por importe de 15,35 millóns de euros, repartidos entre préstamo sen intereses por 14,35 millóns e euros e compra de inmobles por un millón de euros. En 1986 intégrase en Caixa Galicia como solución definitiva ante a inviabilidade do seu mantemento.

Caixa Rural Provincial de Ourense fundouse en 1961 por iniciativa de Eulogio Gómez Franqueira, daquela xerente da UTECO (Unión Territorial de Cooperativas), como resposta ás maiores necesidades de conseguir vías propias de financiamento das cooperativas ourensáns e denominándose “Caja Rural Provincial de Orense”. O primeiro presidente foi Francisco Contreras Brotóns. En 1975 chega a contar cunha rede de 47 oficinas, 30.000 contas e máis de 3.000 millóns de pesetas en depósitos de clientes. O crecemento do grupo Coren, con elevados requirimentos de financiamento, que a caixa rural pola súa dimensión xa non podía atender, motivan que pase a ser analizada a conveniencia dunha fusión da caixa rural ourensán con Caixa Galicia, o que permitiría a ampliación de liñas de crédito a Coren e as súas cooperativas asociadas. Prantexado o tema na Asemblea Xeral, apróbase e no 1988 finalmente foi absorbida por Caixa Galicia quen así pasaba a dispor dunha potente rede comercial na provincia de Ourense.

A “Caja Rural de Pontevedra” constituíuse na asemblea xeral celebrada o 23 de xaneiro de 1968 co nome de “Caja Rural Cooperativa de Crédito Provincial de Pontevedra”. Nas alturas de 1975 contaba cunha rede comercial de 15 sucursais e preto de 1.200 socios. Polos seus problemas de solvencia en 1984 foi intervida polo FGD das Cooperativas de Crédito, recibindo axudas por importe de 24,58 millóns de euros, materializadas en préstamo sen intereses, como consecuencia de dita intervención finalmente foi absorbida por Caixa Galicia en 1986.

A única caixa rural galega da actualidade foi fundada en Lugo no 1966, inicialmente denominada “Caja Rural Provincial de Lugo”, sendo herdeira da “Caja Central de Ahorros y Préstamos”, caixa que fora creada polos sindicatos agrarios católicos, con certa implantación na comarca de Mondoñedo, mediante a adaptación do estatutos desta última. No que levamos de século e ate a actualidade sempre estivo presidida por José María Pardo Montero e, no período 2001 – 2008, o seu director xeral foi Arcadio López Lens, sendo relevado por Jesús A. Méndez Álvarez-Cedrón. Abre a súa primeira oficina comercial en xuño de 1967. Ás alturas de 1975 contaba con 3.466 socios e no 2008 os socios chegaron a 13.978, repartidos entre 177 cooperativas, 12.935 persoas físicas e 866 persoas xurídicas, das que 811 son pemes e 55 outras empresas ou institucións. Chegado 1988 convertese na única caixa rural en Galicia despois da fusión da rural de Ourense con Caixa Galicia.

En novembro de 1991 a súa Asemblea Xeral acorda cambiar a súa denominación pola de Caixa Rural de Lugo, galeguizándoa. En 2001 pasou a chamarse Caixa Rural Galega, Sociedade Cooperativa de Crédito Limitada Galega, por acordo da súa Asemblea Xeral de socios reunida o 23 de xuño de 2001. Tendo en conta a súa característica de ser a única caixa rural en Galicia, ábreselle un mercado coñecido e próximo que ate o de agora non atenderan pola existencia das outras caixas rurais provinciais, polo que comezan unha lenta política de implantación comercial no resto de Galicia, sendo quizais a máis significativa a súa apertura no 2003 en Santiago, a primeira fora da provincia de Lugo despois da histórica de Melide. Para acelerar o proceso de expansión, a Caixa Rural Galega compra no ano 2003 á Caja Rural de Granada seis sucursais que esta posuía en Galicia e que tiñan a súa orixe en outras tantas oficinas do antigo Banco Zaragozano (hoxe Barclays Bank), podendo así implantarse en Cambados, Carballiño, Celanova, Viana do Bolo, Vilagarcía de Arousa ou Xinzo, todas elas fora do seu territorio en Lugo. Dende o ano 2006 a caixa mantén o número de 43 oficinas, cunha evidente concentración na provincia de Lugo e unha falla no mercado da provincia coruñesa, tendo en conta a importancia do sector primario en comarcas como as do Xallas, Bergantiños ou as Mariñas.

O volume de activos da Caixa Rural Galega sitúana en setembro de 2009 no posto número 35 do ranking de cooperativas de crédito a nivel do Estado, o que a define como unha entidade de pequena dimensión e moi lonxe das que lideran o sector, a caixa rural de Almería e Málaga (Cajamar) ou a Caja Laboral Popular vasca. Esa posición tamén evidencia a incapacidade para o financiamento significativo dalgunhas das maiores empresas do sector primario ou das cooperativas do país, como son os casos das lácteas Río ou Feiraco, ou das cárnicas Coren, etc.

Polo tanto, podemos afirmar que as cooperativas de crédito xogaron sempre un papel marxinal no sistema crediticio galego. Témonos que remontar a 1985 cando as caixas rurais galegas, catro por aquel entón, chegaron a unha cota de mercado nos depósitos do 2,4%. As crises das rurais de Pontevedra e A Coruña e a fusión da de Ourense con Caixa Galicia, implicaron que fose diminuíndo ate o 0,4% actual do total dos activos das entidades de depósito galegas.

Non deixa de resultar contradictorio esa circunstancia co peso do sector primario en Galicia, e máis concretamente co da gandeiría e coa existencia de bo número de cooperativas de tal xeito que só a provincia de Lugo, sé social da Caixa Rural Galega, ten unha rede de sucursais que chega a case o 10% das totais na provincia. Peor resulta si facemos a comparación con outras comunidades do Estado Español, pois en Andalucía, Euskadi e Valencia teñen unha forte presencia no mercado.

Pola contra, e a diferencia do que se escoita sobre a necesidade dun maior tamaño nas caixas de aforros, a única caixa rural galega non amosa problemas de solvencia ou morosidade malia a súa reducida dimensión.

2 comentários:

M.A. Quinteiro disse...

Seria importante coñecer as causas da desaparición das outras Caixas Rurais Galegas. Comparando con outras Caixas de tipo popular, de Galiza, que tamén foron desaparecendo, (Caixa Coruña e Lugo, Caixa Ferrol, Caixa Santiago, Caixa Vigo, Caixa Pontevedra, Caixa Ourense e algunha mais, pois teño a idea de que eran sete) habería que pensar que a principal causa da súa desaparición foi, mais que unhas mala administración, que tamén a houbo, unha estratexia da banca comercial, para chegar a ter o 100% do mercado financeiro.

Para eso, e co a complicidade dos políticos, foise deixando por un lado, que as caixas asumiran o rol da banca comercial especulativa, e por outro que o goberno e control das mesmas caira nas maos de persoeiros pouco identificados cos obxectivos fundacionais das caixas, prescindindo totalmente do control democrático da súa actividade, chegando incluso a minimizar a representación, nos seus órganos de goberno, dos representantes democráticos das institución públicas.

E doado supoñer que o panorama financeiro de Galiza, e de toda España, sería moi diferente do actual de crise, si as Caixas houberan acrecentado e profundizado nos seus obxectivos de servizo a comunidade, dende unha perspectiva social e de economía sostible, sen ánimo de lucro.

Tamén o mantemento de unha banca pública, impedindo que fora salvaxemente privatizada, houbera paliado a caída na crise, pero o poder dos banqueiros especulativos e depredadores, e inmenso.

Crear unha banca pública Galega, ou unhas Caixas populares, sería corrixir os erros xa cometidos, pero mais que da súa viabilidade, depende da vontade dos políticos, e aínda que estes dependen dos votantes, o certo e que o nivel de conciencia dos electores está lonxe de participar de tales inquedanzas, xa que os medios son unánimes en negarse a explicar estes feitos, que deberían de ser causa de reflexión, no intre de votar, pero o que non sabe, e como que non ve...

Pero haberalo que intentar...

Miguel A. Quinteiro.
maqmaq@gamail.com
Vigo, 11 San Xoán, 2010.