2010-05-31

A privatización das caixas de aforros

Trala entrevista entre o presidente Rodríguez Zapatero e o líder do partido popular Mariano Rajoy, a única conclusión que se fixo pública foi o acordo entre o PSOE e o PP para privatizar as caixas de aforros. Con posterioridade soubemos que era a alarma pola situación dalgunhas caixas que tiña o gobernador do Banco de España, Miguel Angel Fernández Ordoñez, a que forzou a entrevista entre os dous líderes, e, todavía con posterioridade a prensa publicou diversas informacións sobre a inquietude que a solvencia do sistema financieiro español, especialmente tamén dalgunhas caixas, producía no seo do FMI...
A situación descrita desembocou na intervención de Caja Sur e nas fusións mais ou menos precipitadas das Caixas Galegas e de toda a reordenación do sector que seguiu nos últimos días, (ao parecer con algunha que outra caixa como a CAM ou Caixa Girona, “fusionada” in extremis xa ao bordo da intervención).
Ben, asumido como está polas institucións que o camiño que deben seguir as caixas de aforros é o da súa transformación xurídica, dende a súa actual situación de “fundacións” a un novo status mais semellante a unha persoalidade xurídica típica das empresas con “ánimo de lucro”, queremos facer nos algunhas consideracións sobre cal pensamos que debería ser a ruta a seguir. Ate certo punto estamos dacordo coa reconversión conceptual das caixas de aforros, por que?...
Pola súa indefinición xurídica...
Ninguén sabe respostar con contundencia a pregunta clave: De quen son as caixas de aforros?... e non nos valen respostas retóricas...
Sabemos de quen son os bancos, dos accionistas e na proporción que teña cada un, sabemos de quen son as cooperativas de crédito, dos socios a partes iguais con certas matizacións, pero, as caixas?...
Dos impositores? ha ha ha!..., escachamos coa risa!...
Dos poderes políticos autonómicos e locais? soio en parte, e mais nominalmente que na realidade da xestión...
Na práctica son duns prebostes que ninguén sabe como chegaron alí para vivir e beneficiarse do conto, (moi ilustrativas as historias que co conto da fusión leva contado o ex.alcalde vigués Carlos Príncipe nas tertulias nocturnas dos venres na Radio Galega... Como se enchufan fillos e parentes, como se cooptan directivos, como se manipulan eleccións, como se autoconceden créditos favorables, etc... Recomendamos ao respecto da propiedade das caixas un moi interesante artigo publicado no dixital el Confidencial.

O caso é que polo anterior, estamos dacordo coa transformación do réxime xurídico das caixas..., pero, e isto é moi importante, non estamos dacordo coa formula escollida por Zapatero eRajoy...
Dende o noso punto de vista hai tres vías para reformar a personalidade xurídica das caixas...

Transformalas en bancos privados, (a vía que se escolleu), mediante a súa capitalización privada vía cotas participativas con dereitos de administración e negociables, (exactamente o mesmo que os bancos e as súas accións)...
Pensamos que optar por esta vía é algo absurdo, para iso xa existen xa os bancos privados!...

Transformalas nunha banca pública, e xa sabemos que non están os tempos para eses experimentos, pero sería o mais coherente, entregando a súa administración directamente aos poderes públicos autonómicos e locais, (as caixas de aforros naceron cunha forte vocación financieira local, e ademais moitas naceron dende institucións públicas como concellos e deputacións), impedindo a súa expansión fora do seu ámbito natural, (e de paso se lle facía un favor a banca ao limitar a expansión territorial das caixas), deixando a súa xestión nas mas de xestores nomeados polos poderes políticos de turno coas cautelas que se quixera, e facendo o saneo preciso con fondos públicos, (vía FROB, fondo de garantía ou aportación directa), que, desenganémonos, na realidade vai ser o que se vai facer polo menos en parte, socializar as perdas con fondos públicos e privatizar as ganancias vía cotas participativas...

E unha terceira posibilidade, que é o que promovemos nos, privatizalas pero non polo capital, se non pola vía social, transformándoas en cooperativas de crédito, convertendo a impositores e traballadores nos socios propietarios, cunha tutela e un saneo económico público para abordar a transición, pero cunha final transformación en cooperativas de crédito sen intervención dos poderes públicos na súa xestión, pero si sendo propiedade real dos seus socios, (todos os clientas que queiran selo e os traballadores das propias entidades)... Esta solución non parece tan descabelada, existe a posibilidade de que ademais da inxección pública que as caixas recibiran de todas todas, se capitalicen cos propios fondos dos impositores, (está a medrar o aforro das familias pola crise), e retribúan aos seus socios cunhas mellores condicións das operacións de activo e pasivo, (o que van repartir en dividendo os bancos, as caixas o deberían aplicar a retribuír mellor o pasivo captado ou rebaixar os costes financieiros das operacións de crédito a familias e empresas)...

Esta é a nosa opinión, de calquera xeito nos estamos pulando polo posibilidade de crear unha nova cooperativa de crédito galega, a CAIXA NACIONAL DA GALIZA.

Sem comentários: